domingo, 4 de febrero de 2018

Reciclemos

A pasada semana tivemos no cole unha visita moi especial. Un bombeiro chamado Martín Hutchiston xa xubilado, viña en bici pola nosa terra a mostrarnos como estamos acabando co noso planeta, e limpando praias e ríos. Viña acompañado do seu can Starsky ao que encontrou en Portugal. Amosounos como destrozamos a nosa natureza. Mar cheo de plástico, praias, ríos cheos de toallitas, de plásticos cos que en todos os súper envolven as nosas comidas, palitos de limpar as orellas....
Consecuencias: animais mortos, lixo onde antes tiñamos bosques, praias e lagos. Onde antes respirábamos aire puro agora hai lixo, moreas de lixo. E preguntaredes, que podemos facer??? Moito!!!! Empezando por non usar tanto plástico nas nosas vidas diarias. As botellas de plástico da auga contaminan un montón, non se poden volver usar e son caras. Hai alternativas que parecen caras pero que botando as contas ao final saen máis baratas: botellas de acero, ou de vidro. Tamén usar menos bosas de plástico nas nosas compras, etc.

Grazas Martin por abrirnos os ollos e enseñarnos que con pouquiño que fagamos podemos facer moito!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario