domingo, 4 de febrero de 2018

Reciclemos

A pasada semana tivemos no cole unha visita moi especial. Un bombeiro chamado Martín Hutchiston xa xubilado, viña en bici pola nosa terra a mostrarnos como estamos acabando co noso planeta, e limpando praias e ríos. Viña acompañado do seu can Starsky ao que encontrou en Portugal. Amosounos como destrozamos a nosa natureza. Mar cheo de plástico, praias, ríos cheos de toallitas, de plásticos cos que en todos os súper envolven as nosas comidas, palitos de limpar as orellas....
Consecuencias: animais mortos, lixo onde antes tiñamos bosques, praias e lagos. Onde antes respirábamos aire puro agora hai lixo, moreas de lixo. E preguntaredes, que podemos facer??? Moito!!!! Empezando por non usar tanto plástico nas nosas vidas diarias. As botellas de plástico da auga contaminan un montón, non se poden volver usar e son caras. Hai alternativas que parecen caras pero que botando as contas ao final saen máis baratas: botellas de acero, ou de vidro. Tamén usar menos bosas de plástico nas nosas compras, etc.

Grazas Martin por abrirnos os ollos e enseñarnos que con pouquiño que fagamos podemos facer moito!!!



Día da Paz con Anxo Moure

Celebramos o Día da Paz cantando unha canción de Pablo Díaz  que fala deste tema. Tamén fixemos unha recreación dun Guernica de Picasso dandolle cor, precisamente polo tema das artes deste ano. Pero o que máis nos gustou foi desfrutar de Anxo Moure e as súas historias. Recolectamos historias de novas dos xornais malas. Fixemos un mix e acabamos reciclando esas novas en figuras de papel maché. Pasámolo de medo!

Todas as fotos no seguinte link:

Anxo Moure e a Paz


Traballando

Aquí nos tedes traballando coa nos mesa de luz. Facemos moitas cousas xogando: sumas, series, palabras.... aprender xogando e xogar a aprendendo




Saída Abanca

O pasado xoves fomos á fundación de Abanca en Ferrol a ver a actuación de Magín Blanco e os Ghazafelhos: A nena e o grilo. Pasámolo súper ben!!!!!